“Guia del autoestopista galáctico”
Por obra de ^3nd3r^, outra vez, empecei a ler outro libro. E digo empecei, por que lamentandoo moito non me quedou máis remedio que deixalo.
E non quero que me interpretedes mal. Non é que pense que o libro sexa malo. A fin de contas só lin como catro páxinas, a última xa forzando moito. Pero e que xa desde a introducción teño os ollos cheos de lágrimas e está empezando a doerme o peito, que tanta risa non é normal. Así non se pode.
Voume dar un respiro, a ver se o tomo en serio e podo ler algo máis. Vai a ser dificil, só de pensar en retomar o libro xa me da a risa floxa.
agosto 16th, 2007 at 5:46 am
[...] ***excepto los delfines, consúltese la obra “Guía del Autoestopista Galáctico“. [...]