Nada máis dar de alta o blogue e xa estou enfermo. É malo esto dos blogues. Expoñente ó mundo e así é máis facil pillar un virus, ainda que no meu caso creo que é outro tipo de bicho. E digo creo, porque a doctora que me atendeu tan eficientemente non acordou de darlle un nome ó meu mal.
Eso sí. Antibióticos e antiinflamatorios. Tres días. Onte a farmaceutica díxome que era un tratamento moi forte e que hoxe había estar novo. A ver se á tarde. Agora estou feito merda.
É tremendo esto da Seguridade Social. Esa xente traballa a toda ostia. Sorprendeume incluso o pouco tempo que necesitou para mirarme a febre. Foi visto e non visto. Terán termómetros de carreiras. Lembro que de crio se necesitaba un ratiño para que o mercurio subise, pero onte foi visto e non visto.
Leave a Reply